viernes, 3 de mayo de 2024

6ª sesión do Club de Ciencia

 

Nesta nova sesión comezamos pintando  un círculo con sectores  en diferentes cores, o disco de Newton. Ao xirar rapidamente, as cores  combinanse  formando a cor branca. Con este dispositivo  demostrase que a luz branca está formada polas sete cores do arco da vella. Como podedes ver na foto non se aprecia o que puidemos obsevar facendo o experimento.

 

A continuación fixemos un submarino caseiro para intentar entender como eses grandes aparatos de aceiro conseguen estar suspendidos na auga sen afundirse, aprendendo conceptos como o da flotabilidade.


Despois conseguimos mover un verme de plastilina cun imán, tendo vidro polo medio!


Tamén podedes comprobar como medra todo o que plantamos e, longo prazo, intentaremos comprobar os beneficios de ter plantas a carón de nós nos corredores, nas aulas...


Para rematar, utilizamos enerxías renovables e non renovables para acender unha lámpada led. Empregamos unha pila, placas solares e un secador , a modo de enerxía eólica.




No hay comentarios:

Publicar un comentario