domingo, 25 de febrero de 2024

3ª sesión do Club de Ciencia

 

 

Nesta terceira sesión comezamos plantando diversas sementes. A ver se chegamos a colleitar!


Tamén fixemos un conector para desafiar os coñecementos dos compañeiros/as. Se acertaban a resposta,  acendiase a lámpada.


2ª sesión do Club de Ciencia

 


Nesta sesión experimentamos coa electricidade. Comezamos coa electricidade estática frotando un globo contra o pelo ou algo con la e despois aproximámolo a un bote de refresco baleiro. Maxia! Mesmo chegou a caer da mesa .

 

 

Fixemos o mesmo con anaquiños de papel e un boli e comprobamos que o boli atraía os papeis.

 


 Tamén clasificamos diversos materiais en condutores e non condutores.


 

Finalmente,  puxémonos man á obra para elaborar un circuíto eléctrico. A que nos quedou chulo?

miércoles, 21 de febrero de 2024

1ª sesión do Club de Ciencia

 

Un dos experimentos cos que comezamos na primeira sesión foi utilizar a col lombarda como un indicador natural do ph. Vertemos auga de cocer a lombarda en 4 vasos que tiñan sal, limón, vinagre e bicarbonato. Ao xuntar un acedo e unha base prodúcese unha reacción química. Mirade o colorido resultado!



Tamén fixemos un pompeiro con palliñas, aramio, fairy e auga.



A continuación , colocamos unha vela prendida nun prato con auga, tapámola cun vaso e... adiviñade que pasou!



Tentamos facer un arco da vella grazas á descomposición da luz en cores.





Enchemos un vaso con auga, tapámolo cun folio e puxémolo boca abaixo e ... que credes que pasou?
Terá algo que ver coa presión do aire?



Finalmente fixemos avións e a voar!






miércoles, 14 de febrero de 2024

Novo blog de ciencia no Valle




Este blog , que comezou no confinamento como unha maneira de comunicarse co alumnado, muda o seu propósito porque no curso 2023/2024 nos concederon o Club de Ciencia. A partir de agora está destinado a compartir enlaces ou páxinas que consideremos interesantes relacionadas co eido das ciencias ou a expoñer as actividades que estamos a desenvolver.