lunes, 22 de abril de 2024

5ª sesión do Club de Ciencia

 No mes de abril as nosas sesións do Club de Ciencia trasladáronse ao Pazo de Lóngora. Alí atendéronnos amablemente Ana, Laura e Jorge que desenvolven o seu labor no CEIDA. No Pazo de Lóngora está agora a Biblioteca e centro de documentación ambiental.

Ao chegar, Jorge explicounos de onde viña a súa paixón polas árbores e polos seres vivos en xeral, o que lle levou a estudar Bioloxía. Nunha aldea preto de Sarria comezou a xogar e observar as árbores. Un vello castiñeiro cun oco no seu tronco mesmo foi o seu acubillo moitas xornadas na súa infancia.

Explicounos como identificar as árbores e moitas curiosidades sobre elas. As árbores teñen memoria, aprenden e se comunican! Ademais son fonte de moitos e valiosos recursos para o ser humano.

Tamén nos explicou que cando vaiamos ao campo a observar debemos meter na nosa mochila un lapis, un caderno, un bote lupa, unha cinta para medir e algunha guía que non pese moito.


A continuación, saímos a facer un percorrido polo xardín do pazo e polo parque que está ao outro lado da estrada, preto da Igrexa de Liáns. Distinguimos distintas árbores e fixámonos nas súas follas, flores, tronco... ademais de aprender usos medicinais, de fabricación de instrumentos...


Para rematar, aprendemos como calcular a altura dunha árbore cun lapis.







No hay comentarios:

Publicar un comentario