Mostrando entradas con la etiqueta Charlas de divulgación científica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Charlas de divulgación científica. Mostrar todas las entradas

domingo, 11 de mayo de 2025

Charla "Experimentos caseiros para comprender o noso planeta"

 

O pasado venres, 9 de maio, foi unha xornada moi emotiva porque era a última charla deste curso e Mari Luz Corral, responsable do Sistema de Bibliotecas Municipais de Oleiros, dicianos adeus despois dunha longa traxectoria ao servizo da cidadanía de Oleiros, xa que próximamente se xubila. A profe Fina agradeceulle a súa colaboración nestas charlas científicas que levan organizando as dúas, man a man, dende o ano 2008.

Non podiamos ter mellor broche de ouro para as charlas deste curso, que contar coa presenza de Xacobo de Toro, profesor de Bioloxía e Xeoloxía e gran creador e divulgador de materiais dixitais científicos. Veunos a explicar cousas sobre o noso planeta dun xeito moi sinxelo e práctico. Mesmo fixemos unha liña do tempo  para comprender que o ser humano apareceu fai moi pouco tempo na Terra!

martes, 29 de abril de 2025

Charla "Os nosos amigos os microorganismos"

 



O venres, 25 de abril, tivo lugar a sétima charla científica na Biblioteca Rialeda. Veu de novo Carmen Rioboo Blanco, profesora de microbioloxía na Universidade da Coruña a falarnos da súa paixón, os microorganismos. 
Antes da súa intervención, Ian e Marco, alumnos do Valle Inclán, fixeron unha presentación sobre un importante científico británico, Robert Hooke, un dos primeiros en investigar seres vivos a escala microscópica.




miércoles, 23 de abril de 2025

Charla "Exploración de Marte"

 


O venres , 4 de abril, tivemos a sexta charla científica deste curso na Biblioteca Rialeda. Veu Alejandro Cardesín Moinelo, enxeñeiro e científico de Misións Planetarias da Axencia Espacial Europea a falarnos do tema no que se centran as súas investigacións nos últimos anos: Marte. O público estaba tan interesado que fixo numerosas preguntas.

Previamente, Javier, antigo alumno do noso Centro, fixo unha presentación introdutoria sobre o Universo, teorías da súa orixe e grandes astrónomos.

lunes, 24 de marzo de 2025

Charla "A ciencia secreta dos números: a estratexia detrás dos gamers"


 

O venres, 21 de marzo, tivemos a quinta charla científica deste curso en Rialeda. Veu Isaú Rodríguez González, licenciado en Ciencias e Técnicas Estatísticas pola Universidade de Granada, a falarnos dun tema que lle apaixona, a importancia dos números e a estatística.

Antes da súa charla, Xoel e Martín, antigos alumnos do noso Centro, fixeron unha presentación  introdutoria sobre o mesmo tema: " A estatística".

domingo, 23 de febrero de 2025

Charla "Mulleres e ciencia"

 

O venres, 21 de febreiro, tivemos a cuarta charla científica deste curso en Rialeda. Veu Carmen Rodríguez Coronado, graduada en Bioloxía e Química e estudante de doutoramento da UDC, a falarnos das mulleres no ámbito científico.

Antes da súa charla, Chloe e Antón, de 6º do noso Centro, fixeron unha presentación  introdutoria sobre o mesmo tema: "Mulleres de ciencia".

viernes, 20 de diciembre de 2024

Charla " Limpar de antibióticos o medio ambiente "

 

 

O venres, 13 de decembro, tivemos a terceira charla científica en Rialeda. Veu Carmen Rodríguez Coronado, graduada en Bioloxía e Química e estudante de doutoramento da UDC, a falarnos dun dos tantos problemas medioambientais que temos e da importancia de Limpar de antibióticos o medio ambiente.

Antes da súa charla, Valentina e Antón, de 6º do noso Centro, fixeron unha presentación sobre os antibióticos.

martes, 12 de noviembre de 2024

Recollida do premio á innovación bibliotecaria da Biblioteca Rialeda

 

Como xa publicou o noso Concello, a concelleira de Cultura, María José Santos ; a bibliotecaria municipal, Mari Luz Corral, e a profesora do noso Centro, Fina Mosquera,  recolleron onte, 11 de novembro, o Premio á innovación bibliotecaria de Galicia 2024 polo proxecto "Ler para saber: a ciencia", do que demos cumprida información nunha entrada previa do blog. Parabéns!

domingo, 10 de noviembre de 2024

Charla " Isabel Zendal e a expedición Balmis"

 


O venres, 8 de novembro, tivo lugar a segunda charla científica deste curso na Biblioteca Rialeda impartida por Ana González Tizón, profesora a Universidade da Coruña no Departamento de Bioloxía, na que  explicou a importancia de Isabel Zendal e a expedición Balmis. 

Previamente, Cloe e Antón, de 6º de primaria do noso centro fixeron unha presentación moi interesante sobre as vacinas.

viernes, 25 de octubre de 2024

Premio á innovación bibliotecaria


 A Biblioteca Central Rialeda do noso Concello recibiu o premio á innovación  bibliotecaria polo proxecto Ler para Saber: a Ciencia. Sentímonos moi orgullosos de ter colaborado neste proxecto baixo a coordinación de Mariluz Corral , por parte da Biblioteca, e de Fina Mosquera, por parte  do CEIP Valle Inclán. Nesta actividade participaron moitas persoas: profesorado, o Club de Ciencia do centro, nais e pais... O alumnado tivo un papel destacado porque, de cada charla que se organizaba, eles e elas facían a presentación, aprendendo así a expoñer e falar en público. 

Tamén queremos dar as grazas desde aquí aos pais e nais, profesionais que nos cederon o seu tempo de xeito altruista compartindo con todos nós os seus coñecementos no ámbito científico. Tamén a aqueles e aquelas que desde a Universidade da Coruña, desde centros de Educación Secundaria ou desde asociacións responderon á chamada de Fina e se sumaron a este proxecto sen ánimo de lucro que tan só pretende achegar a ciencia a todos e todas, especialmente a nenos/as e adolescentes.

Enterouse moita xente do premio porque ata saímos na portada do xornal  La Opinión!

miércoles, 16 de octubre de 2024

Charla "Os fungos. Curiosidades"

 

 

O venres, 11 de outubro, tivo lugar a primeira charla científica deste curso na Biblioteca Rialeda impartida pola Vicepresidenta da Asociación Micolóxica Coruñesa; Raquel Poncini Gómez sobre “Os fungos. Curiosidades” na que  explicou a importancia dos fungos, a súa calidade, cales son tóxicos e cales non, curiosidades que nos sorprenderon e a súa relevancia desde o punto de ecolóxico.  

Previamente, Leire e Xoel, de 6º de primaria do noso centro fixeron unha presentación moi interesante sobre os fungos.

Por certo, se queredes saber máis sobre as charlas do curso pasado, podedes ir á páxina web do noso Centro á revista Biotopo.