domingo, 11 de mayo de 2025

Charla "Experimentos caseiros para comprender o noso planeta"

 

O pasado venres, 9 de maio, foi unha xornada moi emotiva porque era a última charla deste curso e Mari Luz Corral, responsable do Sistema de Bibliotecas Municipais de Oleiros, dicianos adeus despois dunha longa traxectoria ao servizo da cidadanía de Oleiros, xa que próximamente se xubila. A profe Fina agradeceulle a súa colaboración nestas charlas científicas que levan organizando as dúas, man a man, dende o ano 2008.

Non podiamos ter mellor broche de ouro para as charlas deste curso, que contar coa presenza de Xacobo de Toro, profesor de Bioloxía e Xeoloxía e gran creador e divulgador de materiais dixitais científicos. Veunos a explicar cousas sobre o noso planeta dun xeito moi sinxelo e práctico. Mesmo fixemos unha liña do tempo  para comprender que o ser humano apareceu fai moi pouco tempo na Terra!

No hay comentarios:

Publicar un comentario