martes, 29 de abril de 2025
Charla "Os nosos amigos os microorganismos"
miércoles, 23 de abril de 2025
Charla "Exploración de Marte"
O venres , 4 de abril, tivemos a sexta charla científica deste curso na Biblioteca Rialeda. Veu Alejandro Cardesín Moinelo, enxeñeiro e científico de Misións Planetarias da Axencia Espacial Europea a falarnos do tema no que se centran as súas investigacións nos últimos anos: Marte. O público estaba tan interesado que fixo numerosas preguntas.
Previamente, Javier, antigo alumno do noso Centro, fixo unha presentación introdutoria sobre o Universo, teorías da súa orixe e grandes astrónomos.
viernes, 11 de abril de 2025
Plantación
Non pensedes que temos abandonado o tema de plantar, regar e coidar ás nosas amigas, as plantas.
Mirade que ben se nos dan as leitugas. Tamén temos plantados amorodos.
E, por suposto, seguimos a coidar das nosas árbores.
Despois da Semana Santa a ver se plantamos algo máis nos nosos novos bancais.
Experimentando en abril
-
O pasado venres, 9 de maio, foi unha xornada moi emotiva porque era a última charla deste curso e Mari Luz Corral, responsable do Sistema ...
-
Este verán, do 30 de xuño ao 4 de xullo, haberá no noso centro un campamento de ciencia para continuar coa actividade científica levada...
-
O Concello de Oleiros concede ao CEIP Ramón Mª del Valle Inclán unha subvención por importe de 886,30 euros para adquisición dun microscop...



