lunes, 24 de marzo de 2025

Charla "A ciencia secreta dos números: a estratexia detrás dos gamers"


 

O venres, 21 de marzo, tivemos a quinta charla científica deste curso en Rialeda. Veu Isaú Rodríguez González, licenciado en Ciencias e Técnicas Estatísticas pola Universidade de Granada, a falarnos dun tema que lle apaixona, a importancia dos números e a estatística.

Antes da súa charla, Xoel e Martín, antigos alumnos do noso Centro, fixeron unha presentación  introdutoria sobre o mesmo tema: " A estatística".

Experimentando en marzo

 


En marzo estamos experimentando co magnetismo. Sabiades que os imáns son capaces de atraer os metais incluso a través da auga?