Mirade que sorprendente!Un fluído non newtoniano é aquel fluído cuxa viscosidade varía.
En reposo compórtase coma un fluído, pero aumenta a súa viscosidade cando
se somete a forzas de estrés. A forza fai que os átomos da mestura se reorganicen e aumenten a súa viscosidade.
Como algún alumnado do colexio que non vai ao Club de Ciencia preguntou como se facía, aí vai a receita:
Hai que coller un bol de ensalada grande e introducir un vaso de auga completo, posteriormente iremos engadindo maicena ata que espese. É importante ir amasándoo pouco a
pouco. Cando a masa xa esté homoxénea poderemos experimentar como se
comporta este fluído.
Se deixas en repouso a masa verás que se comporta coma un líquido, incluso
se a sostés na man notarás como se derrete e empeza a
desprazarse e incluso a chorrear. Non obstante, se deixas de novo toda a
masa no bol pero a golpeas co puño cerrado moi forte, notarás
que actúa como un sólido, pois a man no se che manchará e notarás que está duro. Incrible, non? Pois non é maxia, é ciencia.