viernes, 25 de octubre de 2024

Premio á innovación bibliotecaria


 A Biblioteca Central Rialeda do noso Concello recibiu o premio á innovación  bibliotecaria polo proxecto Ler para Saber: a Ciencia. Sentímonos moi orgullosos de ter colaborado neste proxecto baixo a coordinación de Mariluz Corral , por parte da Biblioteca, e de Fina Mosquera, por parte  do CEIP Valle Inclán. Nesta actividade participaron moitas persoas: profesorado, o Club de Ciencia do centro, nais e pais... O alumnado tivo un papel destacado porque, de cada charla que se organizaba, eles e elas facían a presentación, aprendendo así a expoñer e falar en público. 

Tamén queremos dar as grazas desde aquí aos pais e nais, profesionais que nos cederon o seu tempo de xeito altruista compartindo con todos nós os seus coñecementos no ámbito científico. Tamén a aqueles e aquelas que desde a Universidade da Coruña, desde centros de Educación Secundaria ou desde asociacións responderon á chamada de Fina e se sumaron a este proxecto sen ánimo de lucro que tan só pretende achegar a ciencia a todos e todas, especialmente a nenos/as e adolescentes.

Enterouse moita xente do premio porque ata saímos na portada do xornal  La Opinión!

Xeoclip Botánica: As plantas. Que son?

2ª sesión

 

Na segunda sesión fixemos xabón utilizando glicerina que xa tiñamos no colexio.


 

Tamén estivemos traballando outra vez entre cables pero esta vez  para facer actividades de conecta e, se a resposta era correcta, acendiase a lámpada.

miércoles, 16 de octubre de 2024

Charla "Os fungos. Curiosidades"

 

 

O venres, 11 de outubro, tivo lugar a primeira charla científica deste curso na Biblioteca Rialeda impartida pola Vicepresidenta da Asociación Micolóxica Coruñesa; Raquel Poncini Gómez sobre “Os fungos. Curiosidades” na que  explicou a importancia dos fungos, a súa calidade, cales son tóxicos e cales non, curiosidades que nos sorprenderon e a súa relevancia desde o punto de ecolóxico.  

Previamente, Leire e Xoel, de 6º de primaria do noso centro fixeron unha presentación moi interesante sobre os fungos.

Por certo, se queredes saber máis sobre as charlas do curso pasado, podedes ir á páxina web do noso Centro á revista Biotopo.

Plantas

 



lunes, 14 de octubre de 2024

1ª sesión

 

 

Xa empezamos a nosa andaina e nesta primeira sesión, no mes de outubro, andivemos a fedellar con cables e circuítos eléctricos.

Benvida ao Club de Ciencia do curso 2024/2025

 

Benvidos/as ao Club de Ciencia do curso 2024/2025. Aínda que tiña preferencia o alumnado de sexto de primaria, este curso apuntouse rapazada interesada doutros cursos que ven con moitas ganas de experimentar e aprender.