Este verán, do 1 ao 5 de xullo, houbo no noso centro un campamento de ciencia para continuar coa actividade científica levada a cabo durante o curso 2023/2024. O plan para eses cinco días foi o seguinte:
O primeiro día fixemos varios experimentos relacionados coa electricidade e tamén veu o director da Casa das Ciencias, Marcos Pérez Maldonado, a dar unha charla sobre algunhas actividades que se poden realizar neste interesante museo coruñés.
O segundo día visitamos a Casa das Ciencias para poñelo todo en práctica e desfrutar dunha sesión no Planetario. De volta ao cole, continuamos con experimentos que tiñamos deseñados.
O terceiro día fomos á praia de Santa Cruz a estudar a zona intermareal con monitores do CEIDA.
O cuarto día visitamos a facultade de Bioloxía e realizamos dous obradoiros impartidos por dúas profesoras da facultade, un sobre dactiloscopia e outro sobre tensión superficial.
O último día, ademais de recoller lixo na praia de Santa Cruz fixemos a clausura do campamento no castelo de Santa Cruz. Para iso contamos coa asistencia das familias e con tres relatores moi especiais, exalumnos/as do Ceip Valle Inclán que estudaron ou están estudando unha carreira científica: Medicina, Bioloxía e Química. Espuxeron por que se decantaron pola ciencia e o interese que ten o que están a estudar cada un deles .
No hay comentarios:
Publicar un comentario