viernes, 3 de mayo de 2024

C ómo los árboles se comunican en secreto

El increíble viaje de las plantas. Stefano Mancuso, botánico e profesor

6ª sesión do Club de Ciencia

 

Nesta nova sesión comezamos pintando  un círculo con sectores  en diferentes cores, o disco de Newton. Ao xirar rapidamente, as cores  combinanse  formando a cor branca. Con este dispositivo  demostrase que a luz branca está formada polas sete cores do arco da vella. Como podedes ver na foto non se aprecia o que puidemos obsevar facendo o experimento.

 

A continuación fixemos un submarino caseiro para intentar entender como eses grandes aparatos de aceiro conseguen estar suspendidos na auga sen afundirse, aprendendo conceptos como o da flotabilidade.


Despois conseguimos mover un verme de plastilina cun imán, tendo vidro polo medio!


Tamén podedes comprobar como medra todo o que plantamos e, longo prazo, intentaremos comprobar os beneficios de ter plantas a carón de nos nos corredores, nas aulas...


Para rematar, utilizamos enerxías renovables e non renovables para acender unha lámpada led. Empregamos unha pila, placas solares e un secador , a modo de enerxía eólica.




lunes, 22 de abril de 2024

5ª sesión do Club de Ciencia

 No mes de abril as nosas sesións do Club de Ciencia trasladáronse ao Pazo de Lóngora. Alí atendéronnos amablemente Ana, Laura e Jorge que desenvolven o seu labor no CEIDA. No Pazo de Lóngora está agora a Biblioteca e centro de documentación ambiental.

Ao chegar, Jorge explicounos de onde viña a súa paixón polas árbores e polos seres vivos en xeral, o que lle levou a estudar Bioloxía. Nunha aldea preto de Sarria comezou a xogar e observar as árbores. Un vello castiñeiro cun oco no seu tronco mesmo foi o seu acubillo moitas xornadas na súa infancia.

Explicounos como identificar as árbores e moitas curiosidades sobre elas. As árbores teñen memoria, aprenden e se comunican! Ademais son fonte de moitos e valiosos recursos para o ser humano.

Tamén nos explicou que cando vaiamos ao campo a observar debemos meter na nosa mochila un lapis, un caderno, un bote lupa, unha cinta para medir e algunha guía que non pese moito.


A continuación, saímos a facer un percorrido polo xardín do pazo e polo parque que está ao outro lado da estrada, preto da Igrexa de Liáns. Distinguimos distintas árbores e fixámonos nas súas follas, flores, tronco... ademais de aprender usos medicinais, de fabricación de instrumentos...


Para rematar, aprendemos como calcular a altura dunha árbore cun lapis.







miércoles, 13 de marzo de 2024

4ª sesión do Club de Ciencia

 

 

Nesta sesión comezamos construindo unha catapulta e comprobando cal lanzaba máis alto ou máis lonxe.

 

 

Logo saímos ao patio para comprobar que árbores empezan a ter follas. O 13 de marzo as árbores caducifolias con follas son: abruñeiro dos xardíns, salgueiro chorón e carballo.

 



A continuación experimentamos con imáns e magnetismo. Aprendemos que é un imán, que hai imáns naturais e artificiais e que o proceso de adquisición do magnetismo chámase imantación.




Por último, fixemos iogur para a merendiña do recreo de mañá.







domingo, 25 de febrero de 2024

3ª sesión do Club de Ciencia

 

 

Nesta terceira sesión comezamos plantando diversas sementes. A ver se chegamos a colleitar!


Tamén fixemos un conector para desafiar os coñecementos dos compañeiros/as. Se acertaban a resposta,  acendiase a lámpada.


2ª sesión do Club de Ciencia

 


Nesta sesión experimentamos coa electricidade. Comezamos coa electricidade estática frotando un globo contra o pelo ou algo con la e despois aproximámolo a un bote de refresco baleiro. Maxia! Mesmo chegou a caer da mesa .

 

 

Fixemos o mesmo con anaquiños de papel e un boli e comprobamos que o boli atraía os papeis.

 


 Tamén clasificamos diversos materiais en condutores e non condutores.


 

Finalmente,  puxémonos man á obra para elaborar un circuíto eléctrico. A que nos quedou chulo?